Xuño cultural en Gondomar e Couso
A Concellaría de Cultura, dentro do seu programa cultural para a tempada estival, organiza para os vindeiros fines de semana de xuño unha serie de actividades co obxectivo de amenizar as xornadas de verán e ofrecer alternativas de ocio aos seus veciños.
O humor de Rober Bodegas chega o vindeiro sábado día 22 ao Auditorio Lois Tobío onde presentará o seu espectáculo ‘El Umbral de la Estupidez’, ás 22.00 horas. Todos os que desexen acudir poderán adquirir a súa entrada mediante a venda anticipada (8 euros) ou no mesmo día, en taquilla por 10 euros.
Os domingos 23 e 30 ás 12.30 horas, os grupos Vocalitis con ‘Sete’ e Fíbulas con Swaroskys xunto á Banda de Gaitas Novos Aires de Couso, respectivamente, actuarán dentro do ciclo Concertos na Praza Paradela.
Semana cultural de Couso
Xuño pecha a súa andaina cun fin de semana cultural na parroquia de Couso, con cinema, teatro e música.
O venres 28, os veciños e veciñas de Couso poderán gozar dunha sesión de cinema co filme ‘El exótico hotel Marygold’ que se proxectará ás 22.30 horas. Para o sábado 29, Cultura programa unha noite de teatro co espectáculo ‘Viva a Crise’ da compañía Fulano, Mengano e Citano a partir das 21.00 horas. E para rematar o fin de semana, o domingo 30 o Coro da Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto desde as 11.30 horas da mañá.











