Xornada de Convivencia
Durante a maña de hoxe día 20, entre as 9.45 h. e 13.45 h., no CEIP Xaquín Rodríguez Otero de Buño, o Concello de Malpica de Bergantiños coa colaboración das ANPAS dos CEIP Milladoiro e Joaquín Rodríguez Otero e os Centros de Ensino de Educación Infantil e Primaria organiza a Xornada de Convivencia dos escolares do Concello Malpicán.
Nesta actividades participarán en torno a 400 rapaces e rapazas do CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero e CRA A Nosa Señora do Faro (que ten dúas unitarias, Mens e Barizo) no Concello de Malpica.
Durante a maña o alumnado disfrutará xogos con materiais de refugallo, inchables e obradoiros.











