Xesús Alonso Montero será o mantedor da entrega dos XXVIII Premios Antón Losada Diéguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O Pazo de Losada na parroquia de Moldes, acollerá este sábado 15 de xuño, a entrega dos XXVIII premios Antón Losada Diéguez, que nesta edición organiza o concello do Carballiño, e contará con Xesús Alonso Montero como mantedor do acto.

A entrega destes premios comezará ás 11:00 horas, coa celebración dunha eucaristía na igrexa de San Mamede de Moldes, á que seguirá as dúas ofrendas florarles nas tumbas de Antón Losada Diéguez e na de Manuel Chamoso Lamas.

Posteriormente, sobre as 12:00 e xa no pazo da familia Losada Diéguez, procederase á entrega dos premios, que este ano recaeron na escritora Begoña Caamaño, na modalidade de creación literaria, e en Ramón Nicolás na modalidade de investigación e ensaio. O acto estará presidido polo alcalde do Carballiño.

Os actos protocolarios finalizarán cun concerto a cargo do Orfeón do Carballiño, e a banda de gaitas Orcellón.

11 de xuño de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.