Volven os Roteiros Temáticos Urbanos, en resposta á elevada demanda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Debido ao elevado número de solicitudes que non se puideron atender, a Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra organiza unha nova edición dos roteiros temáticos urbanos, unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer historias, personaxes, espazos e edificios da cidade, máis alá da visión turística habitual. Na primeira edición participaron unhas 300 persoas, superándose o
número máximo de prazas que inicialmente era de 50 persoas por roteiro.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do mércores 5 de xuño na páxina web do concello www.pontevedra.eu (sección actividades patrimonio) cubrindo o correspondente formulario de inscrición.

A repetición dos roteiros temáticos vaise desenvolver dacordo co seguinte calendario:

• Venres 14 xuño: Roteiro da heterodoxia (masonaria). Saída ás 20 horas do Arquivo Histórico (Paseo de Colón). Guiado por Olga Conde

• Sábado 15 xuño: Roteiro dos conventos e igrexas medievais. Saída ás 11 horas do convento de San Francisco. Guiado por Carmela Sánchez Arines

• Domingo 16 de xuño: Roteiro da arquitectura contemporánea. Saída as 11 h do ambulatorio Virxe Peregrina. Guiado por Marta Guirado e Diego Germade

• Sábado 22 de xuño: Roteiro dos recantos con encanto. Saída as 11 horas da praza da Leña. Guiado por Ramón Rozas

• Domingo 23 de xuño: Roteiro dos xardíns históricos e hortas urbanas. Saída ás 11 horas da antiga delegación de Sanidade (Avda de Vigo). Guiado por Jaime Blanco Dios Procedemento de inscrición.

1. O prazo de inscrición ábrese o mércores 5 de xuño.

2. A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario que se colgará na web www.pontevedra.eu (actividades patrimonio) a partir desta data.

3. Poderase facer a inscrición simultaneamente para todos os roteiros.

3 de xuño de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.