Visita do presidente de Uruguai ao Concello da Coruña

Entrega de agasallos ao mandatario
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibíu ao presidente de Uruguai, José Mujica, que asinou no Libro de Ouro da cidade.
A dedicatoria realizada polo presidente de Uruguai no Libro de Ouro foi a seguinte: “Estamos rodeados de nostalgias de vellos nomes que acompañaron a nosa infancia. Canto dor e esperanzas embarcaron neste porto. A República Oriental do Uruguai agradece A Coruña e a súa Galicia”.











