Vilagarcía estréase mañá como destino turístico do programa “A todo tren” coa primeira das visitas ao Pazo de Rubiáns
Vilagarcía estréase mañá como destino turístico do programa “A Todo Tren” no marco da Ruta dos Xardíns da Camelia que vén de poñer en marcha a Secretaría Xeral de Turismo e Renfe. Trátase dunha ruta ferroviaria composta por tres escalas en tres pazos das Rías Baixas que destacan tanto pola polas súas camelias como pola súa arquitectura e historia. A do Pazo de Rubiáns é a visita central das tres que conforman a ruta é, ao entender os organizadores que a importancia do conxunto merece a visita de maior duración.
A Ruta dos Xardíns da Camelia é un novo produto turístico que aproveita un dos elementos diferenciadores cos que conta Vilagarcía respecto a outras municipios da zona, a estación de ferrocarril, e que pon en valor un dos conxuntos arquitectónicos e históricos máis salientables da bisbarra: O conxunto do Pazo de Rubiáns e os seu xardíns señoriais. Este paquete turístico, xunto coa Ruta cominada de visitas ao Pazo de Rubiás e Cortegada que se puxo en marcha hai unhas semanas, marca a liña de taballo que pretende seguir a mesa Local de Turismo constituída onte e que pretende coordinar os esforzos e proxectos dos sectores socio económicos para desenvolver o sector turístico e recuperar a imaxe de Vilagarcía como referente turístico a nivel galego e nacional.
Visitas os sábados e os domingos
A ruta realizarase os sábados e os domingos, con saída os sábados dende a estación de Santiago e destino Vigo, e os domingos con partida en sentido contrario, dende Vigo para rematar en Santiago. A escala do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía, complétase coas que se farán en Vigo e Arcade para visitar o Pazo de Quiñones de León e o Castelo de Soutomaior, respectivamente. A Rota inclúe o almorzo en Arcade.
Os excursionistas chegarán mañá é estación de Vilagarcía ás 10 da mañá. Alí recolleraos o autobús que os trasladará ata o pazo de Rubiáns e os levara de regreso á estación para continuar co roteiro. Os participantes disporán dun guía especializado que os acompañará durante a súa visita aos xardíns, viñedos e ás instalacións e edificacións do Pazo. Os excursionistas poderán deleitarse co gran edificio palaciego en perfecto estado de conservación, o proxecto xardinístico e o singular cinto arbóreo da propiedade, así como e a gran extensión de viñedo de uva albariño que rodea a finca. Todo elo acompañado das explicacións técnicas e históricas pertinentes.
Folleto informativo
A Rota dos Xardíns da Camelia do programa “A Todo Tren” conta cun folleto turístico específico no que se recollen todos os datos de interese do roteiro (horas e puntos de partida, escalas e prezos) e no que tamén se ofrece información sobre os atractivos e peculiaridades dos Pazos e xardíns a visitar. No que se refire ao pazo de Rubiáns, no folleto destácase a riqueza floral dos seus xardíns, que contan con cen especies diferentes, así como o seu atractivo paisaxístico e a relevancia da arquitectura xardinística.
As 65 hectáreas que compoñen os xardíns do pazo repártense nunha zona clásica de xardín propiamente dita, noutra de horto-xardín, bosque axardinado, viñedo e bosque de alcornoques.
O proxecto xardinístico data de mediados do século XIX e foi obra do paisaxista francés Martín Dorgambide. No xardín destacan os eucaliptus globulus, traídos polo bispo de Tui a principios do século XIX e cuxos troncos superan na base os 14 metros de perímetro o que os sitúan entre os eucaliptos máis grandes de Europa.
Son relevantes tamén os conxuntos de Criptomerias, palmeiras, magnolias, pernennifolias, plátanos, Calocedros e alcornoques. As primeiras camelias plántanse en 1850 e foron un agasallo dos duques Caminha (Portugal). En 1930, Dolores Urcola, Marquesa vuiva de Aranda, axudada polas súas fillas, deseña e constrúe o xardín xeométrico de traza laberíntica e dedica especial atención ás camelias reunindo unha importante colección de variedades.











