publicidade hoxe

VIII Subida ao Furriolo – Campionato de Montaña no Concello da Bola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaCalendarioDeportesLocal
A-
A+

Os días 13 14 de xullo de 2013 celebrarase a ” VIII SUBIDA A BOLA – FURRIOLO” na estrada OU-131 que comunica o Concello de A Bola co alto do Furriolo, sendo a saída no Km. 7 e a chegada no Km. 1,9.

Esta proba do Campionato de Galicia de Montaña levarase a cabo nun trazado que foi mellorado dunha forma excelente, do cal goazarán sobre todo os deportistas que tomen parte nunha competición que de novo reunirá no seu parque pre-saída aos mellores pilotos galegos de Montaña e aos sempre benvidos valores que debutan en competición .

Por iso a VIII Subida A Bola-Forrilo será unha peza importante no excelente puzzle que conforma o Automobilismo en Galicia, e nos seus cinco quilómetros de lonxitude os afeccionados gozarán das evolucións dos equipos participantes, en dúas xornadas repletas de deporte, espectáculo e emoción.

Campionato Galego de Montaña (coeficiente 8).

28 de xuño de 2013 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.