Valverde entrega os diplomas dos cursos Actívate da Deputación de Pontevedra

Entrega de diplomas
O rexedor municipal, Alberto Valverde, xunto coas concelleiras de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso, e de Emprego, Rosa Rodríguez, entregaron hoxe os diplomas dos cursos Actívate da Deputación de Pontevedra, nos que participaron unha trintena de persoas.
O Programa Actívate ofreceu en Nigrán dous cursos, un de “Coidados básicos para persoas maiores” e outro de “Técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes”, nos que, ademais de recibir información técnica nestes campos os alumnos participaron nun taller sobre os aspectos básicos para a procura de emprego.
O rexedor municipal subliñou o valor destas iniciativas, que dan formación específica nuns sectores que, pola pirámide poboación de Galicia, teñen unha gran demanda laboral.











