Uns 400 rapaces e rapazas participaron na exhibición de clausura do curso das escolas culturais e deportivas de Brión

Instante da exhibición
Preto de 400 rapaces e rapazas de Brión participaron no acto de clausura do curso das escolas deportivas e deportivas municipais, celebrado no pavillón polideportivo de Pedrouzos. Un acto que incluíu unha exhibición á que asistiron uns 150 veciños e veciñas. Nesa exhibición participaron os máis de catrocentos integrantes das escolas deportivas de patinaxe, fútbol sala, fútbol-7, tenis, predeporte,ximnasia ou o iudo, así como os alumnos das escolas de baile galego e baile moderno.











