publicidade hoxe

Unha operación conxunta de Policía Local e Garda Civil de Culleredo intercepta dous mozos sospeitosos do roubo de ferralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+

O traballo coordinado entre a Policía Local e a Garda Civil de Culleredo permitiu no mediodía de hoxe interceptar dous mozos sospeitosos de tratar de roubar ferralla.

A operación tivo lugar en Sueiro, tras recibir sobre as 12.00 horas o aviso de unha veciña, que informou da presenza de dous mozos cunha furgoneta de cor branco nas inmediacións do seu terreo, onde conserva unha cultivadora. Entón, unha patrulla da Policía Local e outra da Garda Civil iniciaron o dispositivo que permitiu a súa interceptación.

A Garda Civil xa tiña aberta unha operación de vixilancia sobre o vehículo, polo que foi localizado poucos minutos máis tarde. Procedido o rexistro, no seu interior gardaba ferralla en pequeno volume, polo que os mozos foron identificados dado que se trata dunha falta. Os axentes tramitaron as pertinentes denuncias de seguridade vial referidas á documentación da furgoneta.

O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, e responsable de Seguridade Ciudadana, José Ramón Riobóo, destaca que a coordinación mantida entre Policía Local e Garda Civil permitiu levar a cabo o dispositivo de forma “rápida e efectiva”.

Riobóo apunta que os avisos por parte dos veciños son fundamentais nestes casos, polo que pide aos cidadáns que ao observar comportamentos sospeitosos contacten de inmediato co 092.

O goberno de Culleredo sinala que a Policía Local, en coordinación coa Garda Civil, reforzará a súa vixilancia no ámbito rural para previr este tipo de casos, traballo que permitiu que os presuntos autores estean xa identificados.

19 de xuño de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.