Un total de 25 nenos participan no campamento musical que a Escola de Música de Ortigueira organiza no Ermo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A Escola de Música de Ortigueira abre mañá martes, 26 de xuño, unha nova edición- a terceira- do seu campamento musical no albergue do Ermo. Durante tres días, un total de 25 alumnos/ás e o profesorado do centro participarán nesta convivencia, que concluirá cun concerto aberto.

Dende a Concellaría de Cultura apúntase que a iniciativa, destinada a nenos/ás de entre 7 e 13 anos, logrou un ano máis completar a cota de prazas ofertadas. Deste modo, a proposta consolídase como unha sorte de premio para o alumnado que asiches anualmente ás clases, e unha oportunidade de seguir coa súa aprendizaxe musical e realizar prácticas como parte dun conxunto instrumental.

Ademais dos ensaios diarios de instrumento, os nenos/ás terán ocasión de participar en actividades extra musicais. Así, realizaranse diversas competicións deportivas e rutas de sendeirismo por distintos espazos naturais desta parroquia ortegana. E para poñendo o punto e final, o xoves pola tarde, os participantes ofrecerán un concerto en aberto no centro social para todos os veciños que se queiran achegar.

A edil de Cultura, Mª Cruz Sabio, destaca o esforzo continuado que vén realizando a dirección e persoal docente da escola por aumentar o atractivo do centro, achegar a música a todos os veciños e poñer a disposición das familias unha oferta estival lúdica, que se completará os meses de xullo e agosto co campamento musical urbano, única na bisbarra.

25 de xuño de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.