Un importador ruso con 25 tendas en Moscú e un supermercado preto do Kremlin busca produtos galegos nos Encontros de Salimat

Encontros na edición anterior de Salimat
Os Encontros Internacionais de Compradores do 17º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2013, o cal se celebrará do 13 ao 16 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia, contarán coa presenza dunha das empresas importadoras máis importantes de Rusia, Bahetle, a cal busca coa súa participación incorporar novos produtos ás súas referencias.
Esta compañía, fundada en 1991, conta con 25 tendas especializadas en produtos gourmet situadas en diferentes lugares de Moscú. Así mesmo, ten en propiedade diversos supermercados, un deles nas proximidades do Kremlin, o conxunto arquitectónico onde se sitúa a residencia oficial do presidente de Rusia.
O director de importación de Bahetle será quen se reúna coas empresas presentes no salón que sexan do seu interese, en encontros que serán axendados con anterioridade en función das preferencias de ambas partes.
Entre as principais demandas deste importador encóntranse os produtos ecolóxicos e os específicos para persoas con intolerancias alimentarias, queixos, carnes, aceites de oliva, olivas, snacks e produtos doces.
Os Encontros Internacionais de Compradores, os cales se realizan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a rede Pexga (Rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia), constitúen unha magnífica ferramenta para que as pequenas e medianas empresas galegas podan mostrar os seus produtos a importadores e distribuidores de gran interese que lles permitirán abrir mercados no exterior.











