Un grupo de xornalistas estranxeiros visitou A Coruña para coñecer a noite de San Juan

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ► Local Portada ▼
A-
A+
Grupo de xornalistas

Grupo de xornalistas

Xornalistas de Reino Unido, Italia, Holanda, Bélxica e Alemaña visitaron o pasado fin de semana A Coruña para coñecer de primeira man a noite de San Juan dentro das iniciativas impulsadas polo Concello, a través do Consorcio de Turismo que preside Luisa Cid, para promover a cidade no estranxeiro e conseguir que a celebración sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

O sábado, o grupo visitou distintos puntos da cidade como a Torre de Hércules, o castelo de San Antón e o xardín de San Carlos, onde o mesmo sir John Moore fixo de anfitrión e explicoulles a Batalla de Elviña. Na visita estiveron acompañados pola concelleira de Turismo, Luisa Cid.

Unha sardiñada e a baixada aos areais para participar na noite das cacharelas e admirar os lumes artificiais puxeron punto e final á estanza dos xornalistas, a maioría expertos en viaxes.

25 de xuño de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.