Un grupo de 15 escolares do IES Carvalho Calero visita as dependencias municipais do Concello de Ferrol

Rey Varela na recepción aos escolares
A Casa Consistorial de Ferrol volveu esta mañá a abrir as súas portas a un centro educativo da cidade. Nesta ocasión, foi un grupo de 15 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria do IES Carvalho Calero o que visitou as dependencias municipais.
A concelleira de Educación e segunda tenente de Alcaldía, Susana Martínez Galdós, recibiu aos estudantes no Salón de Recepcións do Consistorial, un dos espazos nobres situado na primeira planta. A edil explicoulles brevemente a historia do edificio e para que serve e como funciona o Concello de Ferrol. Tras facer unha parada na sala de Alcaldes visitaron o Salón de Plenos. Nese momento, incorporouse á visita o alcalde, Jose Manuel Rey Varela, ao que fixeron numerosas preguntas.
A actividade se enmarca no programa de visitas guiadas para centros de ensino que leva a cabo o Concello de Ferrol, que ten a finalidade de achegar a institución municipal ás xeracións máis novas. Ademais, as mestras que acompañaron aos estudantes na visita sinalaron que a visita serve como clausura da iniciativa “Un paseo por Ferrol” dentro dos programas de Ëxito Escolar do devandito IES.











