Un ano máis a imaxen de San Paio acapara todo o protagonismo nas celebracións da parroquia de Buscás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Procesión de San Paio

Procesión de San Paio

A parroquia ordense de Buscás celebrou hoxe o seu día grande na honra a San Paio. Centenares de veciños e veciñas rendíronlle tributo ao santo nunha procesión que tivo lugar tras a misa solemne. Acompañándoo en todo momento realizaron un breve percorrido, coa imaxen no ombro, tanto arredor da igrexa como pola rúa principal desta pequena aldea ordense plagada de encanto e tradición.

Como é costume os festeiros e festeiras tiveron a oportunidade de divertirse nas atraccións e de mercar nos postos instalados para a ocasión. A música veu da man das orquestas La Bámbola,  presente tanto na sesión vermú como na verbena nocturna, como de Combo Dominicano.

26 de xuño de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.