Últimos días para presentarse ao Premio Emprende Santiago
O 13 de xuño remata o prazo para presentarse ao novo Premio Emprende Santiago, organizado polo AJE Santiago e que conta co patrocínio do Concello de Santiago e as empresas IFFE e DCM Asesores.
O Premio Emprende Santiago busca recompensar o espírito de loita que move os mozos a superar todos os obstáculos e a utilizar a súa imaxinación, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da que toda a sociedade se beneficie. Estes premios queren servir, ademais, para reclamar en voz alta o apoio de todos ao colectivo de emprendedores e novos empresarios como protagonista do presente e do futuro de Galicia.
O premio diríxese a empresarios menores de 41 anos que constituiran unha empresa en calquera das súas formas xurídicas (autónomos, sociedades civiles, sociedades limitadas,etc.) e que esta teña sede social en Santiago, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial. No caso de sociedades, a participación dos xoves empresarios debe ser polo menos un 25% do capital social da entidade.
O gañador da categoría Premio Xove Empresario Santiago recibirá un premio valorado en 6.000 euros en Programas de Formación de Alto Rendemento Empresarial para a mellora da xestión empresarial no Instituto de Formación Financiera y Empresarial – IFFE e un programa de crecemento e consolidación empresarial que se desenvoleverá durante un periodo de tres meses a través de DCM Asesores.
O gañador da categoría Premio AJE Junior Santiago recibirá un premio valorado en 3.000 euros en Programas de Formación de Alto Rendemento Empresarial no Instituto de Formación Financiera y Empresarial – IFFE e un programa de crecemento e consolidación empresarial que se desenvoleverá durante un periodo de tres meses a través de DCM Asesores.
O xurado que determinará a concesión dos premios estará integrado por representantes do Concello de Santiago de Compostela, da Asociación de Jóvenes Empresarios e das institucións públicas e privadas más representativas do mundo económico, empresarial e social da Comunidade Galega, entre outras. Os criterios de valoración serán: Creación de emprego estable, Volume do investimento realizado, Carácter innovador e diversificado do proxecto, Grao de proxección nacional e internacional, Boas prácticas na xestión empresarial, Grao de implicación no asociacionismo empresarial, Respecto polo Medio Ambiente
As candidaturas poderán presentarse ata o 13 de xuño. O 18 terá lugar a presentación pública de todas as candidaturas. Os premios entregaranse o día 27 de xuño no Cersia. Máis info: 981 915 635, ajemarineda@ajemarineda.com e na web http://ajesantiago.com/











