Últimos días para a inscrición no campus de verán da Fundación Celta de Vigo en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O vindeiro mércores 26 de xuño conclúe o prazo de inscrición para participar na segunda edición do campus de verán, organizado pola Fundación Celta de Vigo e o Concello de Verín, e que terá lugar do 01 ao 06 de xullo en Verín.

A inscrición para formar parte desta iniciativa, destinada a menores con idades comprendidas entre os 4 e 16 anos, debe realizarse no Complexo Deportivo de A Granxa no seguinte horario: de 10 a 13 e de 16 a 22 horas.  Este campus de verán, de seis días de duración, impartirase en horario matinal (de 10 a 14 horas) e ten por obxecto que os os/as participantes perfeccionen e melloren os seus coñecementos en actividades deportivas cuxo eixe central será o fútbol e que se complementarán con outras de carácter didáctico e lúdico. Por este motivo aséntase nas seguintes liñas de actuación: aprender e perfeccionar a técnica individual do fútbol mediante xogos e exercicios progresivos, iniciar e perfeccionar a súa actividade deportiva colectiva, desenvolver no alumno unha actitude participativa e socializadora, desenvolver as capacidades físicas base, aprender os principios básicos dunha alimentación saudable e contribuír ao desenvolvemento integral do neno/a (a través de actividades formativas e educativas en alimentación e hábitos saudables).

O prezo para participar no campus de verán da Fundación Celta de Vigo será de 160 euros (público en xeral) ou de 120 (abonados do Celta, membros da Fundación e alumnos das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-Sala do Concello de Verín). Nesta iniciativa, que permitirá aos menores adestrarse como verdadeiros xogadores de fútbol profesional con monitores cualificados, se lles entregará unha equipación a cada participante e contará coa presenza de olladores do R.C. Celta de Vigo, para identificar a novas promesas, que terán a oportunidade de adestrarse na Madroa.

19 de xuño de 2013 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.