Tres alumnos de Cambre na fase final do Premio Luis Freire de Investigación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocalLocal Portada
A-
A+

Tres alumnos de 3º da ESO do IES David Buján, Rodrigo Ramos, Nacho Ruiz e Martín Patiño, participarán na fase final do Premio Luis Freire de investigación para escolares. Trátase dos únicos representantes da bisbarra da Coruña e os únicos da provincia xunto cun grupo de alumnos do ÍES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O comité de selección elixiu os traballos finalistas do XV Premio Luís Fraile de Investigación na Escola. Os seus autores realizarán a presentación pública das súas conclusións no Salón de Actos da Domus o 8 de xuño de 2013. Tras cada intervención, o Xurado poderá realizar preguntas aos participantes. Despois da presentación dos traballos, o Xurado retirarase para deliberar. A continuación, o Xurado comunicará o seu ditame e procederase á entrega de Premios.

O Xurado valorará a autenticidade das investigacións, a súa orixinalidade, o seu rigor científico, o sentido crítico, e aqueles aspectos que demostren curiosidade e constancia. O traballo dos cambreses baséase nunha investigación científica sobre o bocexo denominado ” Cal é o mellor método para provocar o bocexo? ” que presentarán na Domus o próximo sábado.

No seguinte enlace, os responsables do premio, indican o proceso de avaliación que “sufrirán” os traballos e os escolares o próximo sábado 8 de xuño. http://mc2coruna.org/luis-freire/convocatoria.html

Non é a primeira vez que alumnos deste centro son escollidos nesta fase final: Primeiro premio en 2003, Cuarto premio en 2005, Tercer premio 2007, Primer premio en 2010, e un Segundo premio en 2011. Dirixidos polo profesor de Física e Química Manuel Cid.

4 de xuño de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.