Telefónica retira os seus postes situados en varias parcelas da Urbanización Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Telefónica procedeu a retirar unha liña aérea e diversos postes que estaban instalados no interior das parcelas dalgunhas vivendas da Urbanización Miñor.

Tras a retirada dos devanditos postes levouse a cabo a instalación da canalización necesaria para a nova liña telefónica aproveitando unha obra de canalización de Gas Natural na zona.

A actuación, valorada en máis de 50.000 euros, finalmente non supuxo custo ningún para o Concello grazas ás xestións realizadas con ambas as dúas empresas. O cableado, conexións e retirada da antiga liña correu a cargo de Telefónica.

O Concello de Gondomar consegue, deste xeito, dar unha solución aos afectados por estas instalacións, que xa solicitaran a retirada dos devanditos postes, sen repercutir custo ningún nas arcas municipais nin nos veciños do municipio.

19 de xuño de 2013 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.