Sober acolle o próximo domingo o campionato galego de xadrez escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañado polo xefe territorial do Servizo de Deportes de Lugo, Manuel Otero (Cadramón), e o presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez Carnero, presentaron hoxe no miradoiro da Cividade, en Bolmente, o Campionato Galego de Xadrez Escolar que se celebrará na localidade o vindeiro domingo 9 de xuño.

A cita deportiva desenvolverase na Casa da Cultura a partir das 11 da mañá e prolongarase ata as 18:30 horas. O Campionato contará coa participación de 8 clubs, catro femininos e catro masculinos, dous por provincia. Cada un dos clubs está composto por seis compoñentes, o que fai un total de 48 xogadores que disputarán máis de 50 partidas.

5 de xuño de 2013 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.