Simulacro de incendio no CEIP Wencelao de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+
Reconto dos estudantes tras a evacuación

Reconto dos estudantes tras a evacuación

No día de hoxe sendo as 10:49 h, recibiuse aviso por parte da Dirección do CEIP Wenceslao Fdez Florez, informando da activación do Plan de Autoprotección escolar con motivo dun suposto incendio. Comunícannos que activaron o aviso de evacuación. A continuación avísase Policía Local de Cambre para control de accesos á axuda exterior que neste caso se trata dun camión motobomba do Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias con tres efectivos.

10:50 h, comparecida Policía Local

10:52 h, comparecido Servizo Emerxencias e P.Civil

Tras acceder ao interior do recinto co camión motobomba, somos informados da suposta existencia dun lume na zona de cociña. Tras comprobar que todos os alumnos e persoal docente así como 6 operarios que nese momentos se encontraban realizando traballos no centro, estaban todos fóra, procédese a realizar tendido de ataque para sufocar o lume. Sendo as 11.00 h, dáse por controlado e extinguido o lume na cociña e posteriormente coa dirección do Plan do Centro, trasládanse os efectivos municipais ao punto de reunión fixado na pista deportiva exterior, onde son recibidos polos alumnos e profesores do Centro. Tras explicarlles o director do plan en que consistiu o simulacro agradeceuse aos alumnos o seu bo comportamento á hora de proceder ao desaloxo do centro.

Alumnos evacuados 489.

Recórdase dende o servizo municipal a importancia de facilitar os accesos dos vehículos motobomba e medios a despregar nun caso real, así como a de facilitar canto antes a información necesaria sobre o acontecido e posibles incidencias a ter en conta, sobre todo, cando poden quedar alumnos ou persoal no interior do edificio.

14 de xuño de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.