Simposio Represaliadas e resistentes. A represión das mulleres no Franquismo
Desenvolvemento da primeira xornada do simposio Represaliadas e resistentes. A represión das mulleres no Franquismo.
• 17. Acto de apertura a cargo do alcalde de Pontevedra, Anxos Riveiro, Mª Xesús López Escudeiro, Luís Bará e Carmen Blanco.
• 17.15. Carmen Blanco (escritora e profesora da USC) pronunciará a conferencia de apertura: “Memoria, mulleres, represión, resistencia e
liberación”. (Adxuntamos curriculo)
• 18.00 Andrés Domínguez Almansa falará sobre os resultados do proxecto de investigación “Nomes e voces” en relación coa represión
das mulleres en Galiza no período 1936-1939. (Adxuntamos curriculo).
• 19.15 María Xesús López Escudeiro presenta a mesa redonda con mulleres representantes de familias represaliadas no franquismo:
– Amalia Bóveda Álvarez (Pontevedra, 1936), filla póstuma de Alexandre Bóveda, dirixente nacionalista galego fusilado na Caeira o 17 de agosto de 1936.
– Melania Castro Nieto (Barro, 1927): filla de Cástor Castro Candela, alcalde de Barro en 1936 por Izquierda Republicana, encarcerado en San Simón e no cárcere de Astorga.
– Elvira Varela Bao (A Coruña, 1926). Filla de Bernardino Varela e Elvira Bao, militantes republicanos e galeguistas da Coruña, encarcerados despois do golpe de Estado de 1936.
– Concha Nogueira Miguel (Vigo, 1933). Filla dos militantes comunistas Ángel Nogueira e Carmen Miguel, que, descubertos cando intentan escapar da represión franquista no bou Eva, deciden, xunto cos seus 7 compañeiros de fuga, suicidarse antes de ser asasinados polos seus perseguidores.
Nota: Os medios que queiran entrevistar a algunha das relatoras poden facelo no mesmo Pazo da Cultura. Se precisan un teléfono de
contacto, podemos xestionalo. Os contactos das catro participantes na mesa redonda tenos María Xesús López Escudeiro (650 055532).











