publicidade hoxe

“Si, TODO para ti” en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocalLocal Portada
A-
A+

Baixo o lema “Si, TODO para ti” a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organiza gratuitamente unha fin de semana só de mulleres que pretende ser unha xornada de convivencia e distensión.

50 mulleres de Dodro viaxarán maña sabado día 29 a Pontedeume para disfrutar dun fin de semana só para elas.

Entre outras actividades están previstos unha cata de viños, xogos de distensión e unha mesa debate baixo a temática de igualdade e prevención de violencia de xénero na que participarán un xornalista, unha avogada e unha psicóloga expertos na materia. Disfrutarán a noite do sabado dunha velada de cambio de imaxe e xa rondando a media noite dun espectáculo.

Ademáis terán tempo libre para dedicar ao ocio e incluso a visitar as preciosas praias deste concello.

28 de xuño de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.