Selo credencial da ruta da Traslatio no Concello do Grove
A Fundación Ruta Xacobea Arousa Ulla puxo en vigor o Diploma Traslatio e o selado das cartillas para aqueles peregrinos que fagan a Ruta por mar Arousa Ulla. No concello do Grove este selado da cartilla e a obtención da mesma poderá conseguirse na Oficina de Información Turística (de 10:00 a 20:00 de luns a sábado ou os domingos pola mañá).
Para isto editouse un selo propio que recolle o anagrama da traslatio do apóstolo nunha moeda que forma parte dos restos arqueolóxicos do Xacemento do Carreiro.
Por outro lado, a Fundación Ruta Xacobea elixiu como porto de saída para o Remonte do Ulla do próximo 13 de xullo, ao Concello do Grove. Por este motivo, dende o Concello ábrese a inscrición para aquelas persoas que queiran tomar parte no remonte. Poderán facelo no correo electrónico oftur@concellodogrove ou no teléfono 986 731415. O embarque está previsto para o 13 de xullo (sábado) ás 16:30 h no porto do Grove, o regreso está previsto para as 21:30 h (horarios aproximados). Hai 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.











