Seguimento do Concello e dos veciños das obras de mellora na rúa San Amaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará mantén esta tarde dúas reunións no Local social Pontevedra leste cos veciños da rúa San Amaro e cos comerciantes de Loureiro Crespo.

Na primeira reunión analizarase as melloras que a concellaría está a acometer na rúa San Amaro, e a posibilidade de implementalas con mobiliario urbano e outras pequenas obras. Cabe lembrar que se están a reparar afundimentos na beirarrúa e elementos de iluminación pública da urbanización realizada pola empresa promotora da unidade de actuación número 12.

O Concello de Pontevedra esixiu á empresa a reparación da urbanización, dado que estaba en garantía. Deulle un prazo de tres meses de
reparación de todos estes desperfectos. Tanscorrido o prazo e logo de non obter resposta por parte da promotora, o Concello acordou a execución subsidiaria da obra á costa da empresa.

A reparación están adxudicadas á empresa Abilleira CPA cun orzamento de 29.961,67 euros.

Ao respecto da reunión que manterá cos comerciantes da rúa Loureiro Crespo, están inmersos dentro dos contactos asiduos que o concelleiro
mantén cos veciños para coñecer as súas propostas e impresións dos distintos barrios da cidade.

25 de xuño de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.