Salomé Peña e Rafael Louzán reciben as xogadoras o UMIA FC, recén ascendido a categoría Rexional Preferente Feminino Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRibadumia
A-
A+

As xogadores do equipo feminino do  UMIA C.F. campioas de liga 2ª división galega Grupo III e Semifinalistas da copa feminina Galega ascenderon a Rexional Preferente Feminina Galega.

Salomé Peña, Alcaldesa de Ribadumia, Rafael Louzán, Presidente da Deputación e Jorge Abal, Concelleiro de deportes, faranlle entrega dun obsequio as 20 integrantes do equipo e unha placa conmemorativa os representantes do Club.

O UMIA CF feminino, integrado por xogadoras de entre 14 e 33 anos, fixo unha magnífica tempada con 45 puntos . Ademais de campión de liga, foi máximo goleador con 98 goles a favor, encaixando só unha derrota.

Con este ascenso o equipo levará o nome de Ribadumia por toda Galicia o pasar dunha competición a nivel rexional a enfrontarse con equipos de toda a autonomía Galega.

21 de xuño de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.