Roteiros urbanos e viaxe de coñecemento á Baixo Miño, oferta de Patrimonio Histórico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico oferta esta fin de semana unha grande variedade de actividades para coñecer o patrimonio histórico da cidade e da provincia.

Logo do éxito dos roteiros temáticos urbanos, volve a repetir a experiencia esta fin de semana con tres dos roteiros nos que xa hai inscritos
máis de 100 persoas.

• Venres, 14 de xuño: roteiro da heterodoxia (masonería) que iniciará ás 20.15 horas no Arquivo histórico para visitar a sala dos masóns.

• Sábado, 15 de xuño: roteiro dos conventos e igrexas medievais, inicio ás 11.15 horas en San Francisco.

• Domingo 16 de xuño: roteiro da arquitectura contemporánea, inicio ás 11.15 no ambulatorio Virxe Peregrina.

A Concellaría tamén organiza mañá, sábado, 15 de xuño unha viaxe de coñecemento ao Baixo Miño para visitar o centro histórico e a catedral de Tui, fortaleza de San Lourenzo en Goián, muiños do Folón no Rosal, castro e museo arqueolóxico de Santa Tegra na Guardia, esembocadura do Miño na Pasaxe de Camposancos.

14 de xuño de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.