“Rosalía pequeniña” en Dodro
O Concello de Dodro acolle o vindeiro sábado 8 de xuño o concerto “Rosalía Pequeniña” das mans da cantante Uxía Senlle e do músico brasileiro Sérgio Tannus. Esta actividade enmárcase no programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística e ten por obxecto achegar, a ritmo de muiñeira, blues ou rock, a obra de Rosalía de Castro aos nenos e nenas galegos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, coa que se iniciou o Rexurdimento da lingua galega no S.XIX.
A actuación terá lugar ás 18:00 horas na Paxareira; logo da súa itinerancia en Dodro, esta actividade continuará o seu percorrido polos 40 concellos da Rede de Dinamización lingüística, onde o público familiar poderá disfrutar dun espectáculo de alta calidade artística e aprender 11 cancións en galego cos versos máis coñecidos da senlleira poetisa.











