publicidade hoxe

“Rosalía pequeniña” en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O pasado sábado 8 de xuño o Concello de Dodro acolleu o concerto “Rosalía Pequeniña” das mans da cantante Uxía Senlle e dos músicos Hector Lorenzo e Santi Cribeiro.

Un amplo público de carácter familiar desfrutou dos poemas musicados de Cantares Gallegos, obra de Rosalía de Castro coa que se iniciou o Rexurdimento da lingua galega no S.XIX. “Has de Cantar”, “Paseniño”, “No bico un cantar”, “Falares de amor”, “Miña Santiña, miña santasa”, “Alborada”, “Maio longo” – poema de Curros dedicado a Rosalía e que popularizou no seu día Luis Emilio Batallán –  e “A grasia non era moita” foron algunhas  das cancións que se puideron escoitar na Paxareira, pero sen dúbida a máis coreada foi  “Come chove miudiño”.

Este espectáculo está baseado nun libro-disco ilustrado por Marina Seoane, impulsado por Uxía e Editorial Galaxia e no que destacan as colaboracións de Sérgio Tannus, Magín Blanco, a Señora Carmen e Sés.

O concerto de Dodro forma parte dun ciclo de actuacións promovidas polo programa “FalaRedes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística que logo da súa itinerancia no noso concello continuará o seu percorrido polos 40 municipios da Rede de Dinamización lingüística.

11 de xuño de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.