“Roger de Flor e Os Silvestres” presentan o seu novo proxecto musical “Hai un lugar no norte” na capela do Torrente Ballester de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A programación de concertos do ciclo “As Noites en Capela” do mes de xuño, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel Reyes García Hurtado, finaliza pasadomañá coa actuación do cantautor Roger de Flor que presenta o seu novo proxecto musical “Hai un lugar no norte” coa banda Os Silvestres. O concerto dará comezo ás 21:00 horas na Capela do Torrente Ballester.

Este novo traballo discográfico reivindica a música en galego e “recolle o espírito lúdico dos nosos directos e musicalmente é alegre, con moita retranca e un espírito naiff, con chiscadelas incluso ao público infantil” sinalou Roger de Flor. Este recompilatorio está composto por temas propios como Os dous amigos  ou Non penso volver ver a TV, con algunha peza de Cabe, adaptacións e versións e algunha canción nova como a que titula o disco. As entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado axenda cultural).

25 de xuño de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.