Ribadumia entrega as medallas aos campións da liga 2ª Autonómica Infantil e Alevín, o UMIA C.F.

Umia C.F.
Os xogadores do equipo infantil segunda autonómica Grupo 7 e os Alevíns en segunda autonómica F8 Grupo 63 do UMIA C.F.recibiron de mans da alcaldesa, Mª Salomé Peña, e o concelleiro de deportes, Jorge Abal, as súas respectivas medallas como campións de liga.
O equipo Infantil do UMIA CF, ademais de campión de liga no Grupo 7 , foi máximo goleador nunha con 160 goles a favor nun total de 30 partidos, nos que tan só encaixaron unha derrota.
Pola súa parte o campión de liga segunda autonómica Alevín, UMIA C.F.,no grupo 63, logrou 149 goles en 27 partidos con só dúas derrotas.
A Alcaldesa, Salomé Peña, recoñeceu o mérito destes xoves deportistas que se suma o palmarés do concello integrado por deportistas destacados en moitas modalidades. Tamén agradeceu a defensa dos colores de Ribadumia e a promoción da localidade alá onde compiten.
Asemade, recorda o “alto compromiso” do Concello de Ribadumia para potenciar o deporte base, a través da liña de subvencións asociacións que favorece en especial a estas escolas deportivas.











