Ribadumia convertirase un ano mais na capital do piragüismo galego coa Baixada do Umia
A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña, acompañada por representantes da deputación provincial, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o concelleiro de Deportes de Ribadumia, Jorge Abal; e o presidente do Náutico O Muíño, José Manuel Vázquez, presentará esta venres as 12:30 no salón de plenos do Concello de Ribadumia a XIX Baixada do Umia, que se disputa o domingo 16 de xuño.
A proba transcorre ao longo de cinco concellos: Portas, Meis, Vilanova, Cambados e Ribadumia, e espérase que máis de 2.000 persoas segan o descenso á ribeira do río.
As categorías nas que se disputa a competición son masculino cadete, xuvenil e sénior en K-1 e C-1, e feminino cadete, xuvenil e sénior K-1 e xuvenil C-1. A Baixada do Umia é proba puntuable para a Copa Xunta de Galicia de Ríos e Travesías 2013. O prazo de inscrición está aberto ata o domingo e os organizadores esperan repetir o éxito de participación de anos anteriores.
A 18 Baixada do Umia e Memorial Jose Antonio Noya inclúe dúas metas volantes, nos quilómetros 5 e 10 da competición. O Premio vidriopintos, en homenaxe a Jose Manuel Torres “Iño”, entregarase á primeira embarcación C1 sénior que pase pola ponte de Pontearnelas. O premio Galventus e meta volante Jose Ramón Serantes “Peque” adxudicarase á primeira embarcación k1 home cadete que pase pola ponte de Baión.











