Rey Varela presidiu a recepción oficial ao Valdetires de futbol sala feminino con motivo do seu ascenso á máxima división

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Recepción oficial ao equipo

Recepción oficial ao equipo

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta tarde a recepción oficial a outro equipo da cidade que a pasada fin de semana conseguiu o ascenso de categoría: Valdetires Ferrol Fútbol Sala Feminino. Ao acto tamén asistiron familiares das xogadoras, así como unha representación dos equipos de base do club.

Na súa intervención, Rey Varela destacou que “esta temporada foi de grandes éxitos para varios clubs da cidade, o que pon de manifesto que Ferrol está rexurdindo no ámbito deportivo”. O rexedor municipal manifestou, así mesmo, a súa intención de “facer un esforzo e incrementar, na medida do posible, a achega municipal a este club co obxectivo de que a vindeira temporada poida competir na máxima división do fútbol sala feminino”. Por último, Rey Varela felicitou ao equipo técnico, directivo e xogadoras do equipo, ademais de felicitalas polo seu éxito.

5 de xuño de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.