Rey Varela asina os convenios de colaboración co club de Remo San Felipe e o Club Halterofilia Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou hoxe dous convenios de colaboración con outras tantas entidades deportivas: o Club de Remo San Felipe e o Club Halterofilia Ferrol. No caso do primeiro club, a achega municipal ascende a 14.500 euros; e no segundo, a 9.600 euros.  O Salón de Recepcións da Casa Consistorial acolleu a firma destes acordos, coa presenza de José Daniel Rodriguez, de Remo San Felipe; e de Carolina Diaz, de Halterofilia Ferro; así como da concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós.

Rey Varela destacou que “o Concello de Ferrol sempre prestará o seu apoio  económico aos clubs que coiden o deporte de base; pero o realmente importante é o traballo que diariamente fan estas entidades cos seus deportistas”. Así mesmo, o primeiro edil da cidade desexou éxitos deportivos tanto o club de Remo San Felipe como ao de Halterofilia Ferrol. Pola súa banda, os representantes destas dúas entidades agradeceron a achega do Concello do Ferrol porque “é especialmente importante e necesaria contar co respaldo do Concello no contexto económico actual en que os clubs tamén pasamos por dificultades”, indicou José Daniel Rodríguez, responsable do Remo San Felipe.

11 de xuño de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.