Reunión de traballo con Acuanorte no Concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

Esta mañá tivo lugar unha Reunion de traballo no Concello de Marín acerca das actuacións a realizar no Proxecto de Acuanorte e do Convenio asinado, as cantidades económicas e as achegas que terían que realizarse entre os distintos concellos que engloban este proxecto de interese xeral do Estado.

A Sociedade na actualidade agrupouse con outras dúas paseándose a chamar ACUAES en lugar de ACUANORTE, pero seguindo co mesmo plan de traballo relativo ás obras dos concellos da ría.

No que respecta a Marín, no mes de xullo terase unha Reunion Técnica cos responsables do organismo para expoñer o proxecto e as melloras alcanzadas que foron analizadas dende o Departamento técnico da empresa, sendo intención do equipo de goberno de expoñelo ante os veciños antes de que se iniciou a súa tramitación administrativa que se iniciase dende o seu comezo.

Nese momento matizaranse os aspectos que se estudaron e se procederá a continuar coa elaboración do proxecto construtivo.

Dentro destes trámites procederase á contestación das alegacións para rematar co proceso anterior e proceder ao inicio da tramitación do novo proxecto que están a elaborar coas directrices achegadas polo concello e expostas na última reunión ante os veciños.

Dende o concello agradecemos o esforzo en poder encaixar as achegas e o estudo das posibilidades que se poden expoñer para poder incidir e estudar no proxecto técnico dos eixes pertencentes a Marín.

A Directora Territorial Isabel Pérez Espinosa xuntou coa Alcaldesa María Ramallo traballan cóbado con cóbado en poder expoñer un proxecto axustado ás necesidades de Marín, que discorra preferentemente por viais tal e como se acordou e que de solución a moitos dos actuais problemas existentes.

Ambas as dúas responsables seguen defendendo que é un proxecto con financiamento europeo nun 70% de FONDOS FEDER e que é unha oportunidade para mellorar e abranguer unhas obras que sen esas achegas sería absolutamente imposibles de abordar.

A mellora na porcentaxe de financiamento dos Fondos asegura unha importante inxección económica que facilita e alixeira o peso económico que supón a cofinanciar ión con cargo ao presuposto municipal.

Repasáronse os aspectos económicos do Convenio e os seguintes pasos a seguir para poder contar cun proxecto canto antes e que todos poidan observar o novo trazado alternativo que pasara a ser licitado.

20 de xuño de 2013 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.