Reparación do parque infantil de Padre Rubinos

Visita das concelleiras ao parque infantil
As concelleiras de Barrio, Carmen Hervada e Susana Pazo, achegaronse hoxe á área infantil de Padre Rubinos con motivo do inicio dos traballos de reparación e acondicionamento do espazo. Ao longo do próximo mes e medio procederase a repoñer pavimentos e á retirada, restauración e recolocación da fonte, reposición de mobiliario urbano como son bancos e papeleiras ou reparación das beirarrúas exteriores.
En canto aos xogos, pensouse en satisfacer unha maior demanda de usuarios e poder acometer as obras necesarias para que a devandita área de xogos poida ser compartida por nenos, adultos, minusválidos e maiores. Por este motivo incluíronse uns xogos biosaludables e un bambán adaptado. Preténdese, tamén, incorporar un aparcabicis.











