Recepción municipal en Compostela á Peña Cicloturista Amigos de Santiago da cidade de Ávila

Foto de grupo no salón vermello
Os concelleiros Luis Bello, Amelia González e Adrián Varela recibiron en Raxoi os integrantes da Peña Cicloturista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, que concluíron a edición XXVI da súa ciclomarcha a Compostela. Esta agrupación realiza cada ano unha marcha ciclista que une Ávila e Santiago de Compostela. Son xa 26 anos os que levan facendo o Camiño de forma ininterrompida.











