Recepción en honor ás Meigas de San Juan 2013

Negreira xunto ás “meigas” de 2013
O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou esta mañá na recepción en honor das Meigas de San Juan 2013, que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo Municipal. O rexedor agradeceu o labor da Comisión Promotora das cacharelas de San Juan, que co seu traballo axuda a que as festas sexan un emblema da cidade e contribúen para que San Juan sexa declarada Festa de Interese Internacional.











