Recepción ao HC Coinasa Liceo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Recepción municipal ao clube

Recepción municipal ao clube

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibiu ao HC Coinasa Liceo, tras gañar o sétimo título de Liga. O alcalde felicitou a todo o equipo e gabou a súa traxectoria: “É difícil de asumir que temos o equipo galego máis laureado de todos os tempos, o Liceo. É un orgullo para a cidade ter un equipo que conta os títulos por decenas”, asegurou e agradeceu ao club a súa vitoria: “Dades autoestima á cidade, grazas por facer felices os coruñeses. Sodes un exemplo a imitar”, concluíu.

16 de xuño de 2013 | 22:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.