Recepción ao director honorario da Orquestra Sinfónica de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Negreira entregando un agasallo institucional

Negreira entregando un agasallo institucional a Víctor Pablo Pérez

Esta mañá, o Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibiu o director honorario da Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, quen asinou no Libro de Ouro: “Ao Concello da Coruña, en recordo destes 20 marabillosos anos de progreso coa OSG. Grazas a todos e cada un dos Alcaldes que amaron a súa orquestra con paixón. Só espero que a orquestra siga devolvendo con forza tanto apoio e cariño. Xa son coruñés de corazón, tras todos estes anos de esforzo e resultados magníficos. Grazas a todos os cidadáns coruñeses! “.

26 de xuño de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.