Quince novas empresas de Ferrol incorpóranse ao programa Sicted de calidade turística
A concelleira de Turismo, María del Carmen García Fraga, informa que mañá mércores se realizará unha xornada formativa dirixida ás 15 novas empresas incorporadas ao proxecto SICTED de Calidade Turística, co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista. A formación terá lugar ás 09:30 horas e se repetirá ás 20:00 horas no Hotel Carrís Almirante.
O pasado ano, 26 empresas de Ferrol conseguiron os distintivos de calidade tras asistir a unhas formación, recibir asistencia dunha consultora acreditada experta na metodoloxía SICTED e pasar a correspondente avaliación. Este ano incorpóranse ao programa 15 novas empresas do termo municipal, das cales son: dous restaurantes, dúas empresas organizadoras de congresos e eventos, tres guías turísticos, unha axencia de viaxes, un albergue, unha cafetaría, dous comercios, un centro de interpretación turística e dúas empresas de turismo activo. A formación, subvencionada polo Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, e impartida polo consultor Juan Moreno, tratará dos Manuais de Boas Prácticas nos distintos subsectores turísticos das empresas participantes, así como da metodoloxía e alcance do proxecto SICTED.
Este proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos está promovido polo Instituto de Turismo de España (TurEspaña), quen elaborou tamén a metodoloxía, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O SICTED, gratuíto para as empresas e organismos participantes, é un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. Ademais, as empresas que xa posúen o distintivo e non poidan asistir a esta formación correspondente ao ciclo de seguimento en que se atopan, poderán impartila o xoves día 27.











