Protocolo de irmanamento entre Salvaterra de Miño e o municipio de Mónaco
O Alcalde de Salvaterra ven de reunirse con Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial/Agrupamento Europeu de Cooperaçao Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP-AECT) co fin de avanzar nun protocolo de irmanamento entre o Municipio de Salvaterra de Miño e o Municipio de Mónçao.
Entre estes dous Concellos existe un gran vínculo de amizade e solidariedade, cunha larga tradición de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, cunha colaboración que beneficia mutuamente aos dous Municipios. Por este motivo decidiron formalizar un protocolo de irmanamento, co fin de colaborar para fortalecer as relacións inspiradas na igualdade, a paz e a prosperidade, tanto culturais como sociais, deportivas, turísticas e económicas, apoiando a organización de encontros sociais.
Ademais ambos municipios comparten unha historia común e unha localización óptima para a colaboración e a realización de proxectos conxuntos. Esta situación de proximidade facilitou e facilitará a cooperación entre ambos municipios. Compartir o uso das infraestructuras e equipamentos que existen implicará para a poboación destes dous municipios ofertar mais servicios aos cidadáns e maximizar o uso das infraestructuras, facéndoas máis eficientes.
Estes Concellos comprométense a posibilitar o intercambio de experiencias, iniciativas e solucións a problemas comúns, prestarán, no marco das súas posibilidades, o máximo apoio e colaboración naquelas iniciativas de alianza estratéxica entre empresas de ambas partes, contribuíndo a intensificación das relacións económicas e empresariais entre os dous Municipios
Ademais proporanse o desenrolo de fórmulas participativas que permitan xuntar esforzos na execución de proxectos comúns en diversos ámbitos – culturais, sociais, educativos, empresariais, comerciais e turísticos-.
As principias Áreas de Cooperación serán a potenciación da enoloxía e da gastronomía local de forma conxunta; promoción e desenrolo do turismo; realización de colaboracións e convenios para fomentar o uso compartido das instalacións deportivas, empresariais e culturais, buscando non so os recursos a nivel local, senón tamén na busca de vías de financiación externa vinculadas a programas de cooperación transfronteiriza, con proxectos presentados en colaboración con outros países.











