publicidade hoxe

Propostas culturas para a fin de semana de San Xoán en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver na fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Venres 21 de xuño
20.30 h – Salón de Actos do Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN DO LIBRO FAUSTINO REY ROMERO: OBRA POÉTICA E TEOLÓXICA.O libro coa edición de X. Ricardo Losada Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica. A publicación está promovida polos concellos de Catoira, Tomiño e Rianxo xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
No acto contarase coa participación de: Xesús Santos, membro de Barbantia; X. Ricardo Losada, editor literario de publicación; Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
21.30 h – Auditorio de Rianxo
MOSTRA DE TEATRO AMADOR: República de Guindián a cargo da compañía Andaravía Teatro.As entradas teñen un custe de 2 € por función que se poñen á venda unha hora antes do comezo da representación. Existe un bono que ten un custe de 8€ que inclúe todas as funcións da mostra que estará á venda só na primeira función.

Sábado 22 de xuño
12.00 h – Salón de Actos do Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN DO DE VALENTINA FORMOSO GOSENDE DO ESTIGMA Á ESTIMA. PROPOSTAS PARA UN NOVO DISCURSO LINGÜÍSTICO. No acto contarase ademais da presenza da autora, Valentina Formoso Gosende, con Manolo Bragado, director de Xerais e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
21.30 h – Auditorio de Rianxo
MOSTRA DE TEATRO AMADOR: Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro.As entradas teñen un custe de 2 € por función que se poñen á venda unha hora antes do comezo da representación.

Tamén nesta fin de semana diferentes entidades organizan actividades, que son as seguintes:
Sábado 22– Dende as 10 da mañá: Festa fin de curso da ANPA os Gudiños do CEIP Castelao. Aberta a todas as persoas interesadas en acudir. Domingo 23– a partir das 22.00 horas. Noite Máxica no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro para celebrar a Noite de San Xoan organizada polo Centro Cultural Vicente Vidal. San Xoan 2013 na Praia da Torre en Taragoña organizada pola Asociación Festival Antrospinos.

Ademais poden visitar, no centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, as seguintes exposicións:
Exposición conmemoración do 80 aniversario do Cadro Artístico Airiños. Ata o 6 de xullo. Exposición de fotografía: Vivindo na Comunidade da Asociación Amba. Ata o 30 de xuño. 

19 de xuño de 2013 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.