publicidade hoxe

Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

Propostas na fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Venres 14 de xuño
20.30 h – Auditorio de Rianxo
CONCERTO JAZZOLOGÍA dentro do programa de Rede de Músicas Soltas

JazZoología é a primeira formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Un trío que xorde da necesidade do artista de presentarlle ao público a súa música. Composicións orixinais que, baixo a linguaxe do jazz, se deixan harmonizar coas músicas populares cubana, brasileira, galega… e doutras culturas. O resultado é un son que xunta o virtuosismo e a improvisación do jazz, coa forza das melodías identitarias e os ritmos das distintas músicas coas que este artista se divirte. Os músicos galegos Marcos Teira (guitarra española) e LAR Legido (batería e universos sonoros) completan a formación. Ambos achegan ao grupo unha sonoridade diferenciada, tanto pola instrumentación como polo uso que fan dela: Teira desde o flamenco e Legido desde a improvisación libre.

A entrada, que custa 5 €, pode retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

Organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo.

Tamén compre recordar que a Asociación de Desarrollo Local Deloa, organizadora do Certame de Música Tradicional Interritmos, suspende a audición prevista para o próximo sábado 15 de xuño no Auditorio de Rianxo.

Ademais poden visitar, no centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, as seguintes exposicións:

Exposición conmemoración do 8º aniversario do Cadro Artístico Airiños. Ata o 6 de xullo.Exposición de fotografía: Vivindo na Comunidade da Asociación Amba. Ata o 30 de xuño. 

12 de xuño de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.