Programación de verán en Dodro
O verán 2013 chega ao Concello de Dodro cunha programación moi variada e cargada de actividades lúdicas, excursións e deporte organizadas polas distintas concellerías.
A Concellería de Xuventude e familia organiza dous obradoiros gratuítos, “A arte da seducción” e “Berrando solucións”, para os días 14 e 21 de xuño para xoves entre 18 e 30 anos.
Para os meses de xullo e agosto organiza por segundo ano Clases de reforzo educativo para alumnos da ESO e serán gratuitas.
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza varias saídas:
– O 14 de xuño excursión a Allariz e Celanova cun custe de 14 € persoa
– O 22 de xuño excursión a Aveiro e Oporto cun custe de 14,50 € por persoa
– O 6 de xullo excursión á Romería do Pan de Cea e Carballiño cun coste de 15 € persoa
Baixo o lema “Si, TODO para ti” organiza gratuitamente unha Xornada de convivencia para mulleres en Pontedeume para o fin de semana do 29 e 30 de xuño. Baixo a temática de igualdade e prevención de violencia de xénero organizaranse xogos de rol, saídas e dinámicas, velada nocturna e algunha sorpresa. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse no departamento de servizos sociais do 17 ao 21 de xuño.
A estas actividades, súmase por segundo ano a Escola de Verán para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias de Dodro. Rematado o prazo de inscricións, están admitidas todas as solicitudes presentadas, polo que un total de 56 nenos e nenas disfrutarán gratuitamente de actividades lúdicas nos meses de xullo e agosto en horario de 9,30h a 13,30h.
A Concellería de Deportes tamén ven cargada de actividades para este verán:
– Peregrinaxe a Compostela conxuntamente cos concellos de Padrón e Rois o 22 de xuño
– Liga de futbol 7 nos meses de xuño e xullo
– II Liga de padel e IV liga de tenis do Concello de Dodro nos meses de xuño e xullo.
– O 6 de xullo excursión ás Illas Cíes cun custe de 13 € persoa
– O 19 de xullo saída ó Aquapark de Cerceda cun custe de 6 ou 8 € segun idade.
– O 26 de xullo ximnasia na praia da Torre para maiores de 65 anos, actividade gratuita
– En xullo Campamento deportivo para nenos/as de 7 a 14 anos cun custe de 10 €
– En xullo Campus de futbol para nenos/as de 7 a 14 anos cun custe de 10€
Por outra banda, o Concello organiza a XIV Festa das Persoas Maiores que se celebrará o domingo 28 de xullo. A Festa continuará sendo gratuita e comezará cunha misa solemne na Igrexa de San Xoán de Laiño para logo disfrutar do xantar e do baile nun restaurante da comarca. Todos os maiores asistentes recibirán un agasallo nese día e
faráse un recoñecemento á muller e ao home mais maiores que acudan á festa. Haberá servizo de autobuses que percorreran todo o concello para trasladar aos veciños á igrexa e posteriormente ao restaurante. Todos os veciños de 60 anos ou máis que desexen acudir á festa poderán retirar as invitacións e o programa no departamento de servizos sociais a partir do día 24 de xuño.