Programa diurno de balnearios para maiores
O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, organiza e convoca o Programa Diúrno de Balnearios. Esta actividade, dirixida a maiores de 50 anos e pensionistas, consiste en pasar cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús.
Os participantes nesta iniciativa gozarán dalgúns dos servizos desta instalación durante unha media de dúas horas ao día, por un prezo por persoa de 63 euros a semana. O prazo de presentación de solicitudes é do 7 ao 20 de xuño, no departamento de Servizos Sociais de Nigrán, os martes ou xoves, solicitando cita previa no teléfono 986 36 50 00, extensión 4.











