publicidade hoxe

Primeira mostra da artesanía en Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalceda de Caselas
A-
A+

10062013-22O PROXECTO DRAGONFLY ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SALCEDA, a terceira edición da Dragon Market, que este ano, se celebrará por primeira vez no Concello de Salceda o vindeiro sábado 15 de xuño, na Praza do Concello, despois de que se suspendera o mes pasado polo mal tempo.

Esta mostra de artesanía terá un horario de 10.00h a 22.00h, e durante todo o día poderán disfrutar de fotografía vintage, comida vegana, repostería moderna, flash mob, ilustracións, antigüidades, reciclaxe, moda, música, arte e artesanías. O mercado dinamizarase con actuacións para nenos, obradoiros, xogos, etc.

Esta idea nace co obxetivo, de que a  mostra de artesanía se repita cada terceiro sábado de mes, na Praza do Concello.

A Concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, convida a todos as veciñas e veciños da vila e dos concellos próximos  a que se acheguen  a visitar a feira e a que disfruten do atractivo desta.

10 de xuño de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.