Primeira edición de “Recicletas”, reparación caseira de bicicletas, en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal pon en marcha o vindeiro 12 de xuño o programa “Recicletas”, o primeiro obradoiro de recuperación de bicicletas co obxecto de que os usuarios teñan uns coñecementos mínimos de formación para o mantemento básico da bici nas súas casas, dado o importante incremento deste transporte na cidade.

O obradoiro impartirase todos os mércores, na sala grande da Casazul, dende o 12 de xuño até o 17 de xullo, empregando bicicletas do antigo
servizo de Pillabici. A inscrición comezará mañá, martes, 4 de xuño, e manterase até o xoves. As persoas interesadas poderán chamar á Casazul, no teléfono 986 851489 de 09.00 a 14.00 horas, ou descargar a documentación da páxina web do Concello pontevedra.eu
A Concellaría oferta 20 prazas para este obradoiro: dez son individuais e outras dez son prazas duplo, é dicir, poden inscribirse un adulto acompañado dun menor de máis de 12 anos. Estas prazas tamén están abertas a discapacitados e un acompañante. O 30% das prazas están
reservadas para os usuarios de Servizos Sociais.

As bicicletas reparadas neste obradoiro entregaránselle á Universidade para o uso dos estudiantes Erasmus.

Trátase dun primeiro obradoiro dirixido pola Concellaría de Benestar que pretende ter futuro noutras edicións en coordinación coa área da
Concellaría de Mobilidade que dirixe Miguel Filgueira, xa que un dos obxectivos deste programa é fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade e tamén acadar unha formación complementaria.

3 de xuño de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.