Preto dun centenar de atletas participan no III Campus de Atletismo Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOrdes
A-
A+
Participantes no campus

Participantes no campus

A Cidade Deportiva Vista Alegre, no Concello de Ordes, acolle dende onte o III Campus de Atletismo Concello de Ordes. Ata o vindeiro venres preto de 100 atletas dende a categoría infantil ata a de veteranos, participarán nesta convocatoria que dende os seus inicios ve aumentar o número de inscritos cada ano.

Nesta ocasión o programa arrancou con carreiras de velocidade, nas que se incluíron circuítos con e sen obstáculos, ademais de xogos multiatléticos. Ademais disto, os atletas tamén poderán practicar con xavelina, disco, martelo, peso, saltos de lonxitude e altura, carreiras de resistencia e de relevos, xunto con probas de multilanzamento. Os gañadores virán dados pola suma total de cada unha destas probas. Para todos eles haberá trofeos, ademais de sortearse agasallos entre todos os participantes de cara ao vindeiro venres, día no que se clausurará esta edición.

O cadro técnico para este ano está encabezado por José Domínguez, adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física, alma mater do Club de Atletismo A Silva e preparador de promesas e campións dentro do circuíto nacional e galego. Outros compoñentes serán: Sandra Don, Julio Santiago Freijanes, Ana Domínguez, Irene Mallo ou Marín Liste, recente campión nacional de lanzamento de disco. 

26 de xuño de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.