Preto de 90 vehículos clásicos percorreron o domingo as estradas de Mos
O pasado domingo, día 9 de xuño, celebrouse a III Concentración de Vehículos Clásicos con motivo das Festas da Rosa. Neste evento reúníronse tanto coches como motos ou calquera outro automóvil a motor que tivera a antigüidade necesaria como para ser considerado clásico.
A concentración deu saída este ano ás 10.30 horas da mañá dende Costoias, Tameiga, para facer unha ruta turística cos vehículos que incluiu a visita dos conductores e pasaxeiros dos mesmos ó Car Classic Musseum, ubicado na estrada Puxeiros-Peinador, e que alberga unha das coleccións privadas de coches clásicos máis importantes, polo número de exemplares e valor, de toda Europa. O fin de ruta fíxose na Festa Popular do Polbo no Alto de San Cosme, parroquia de Cela.
Os participantes que así o desexaron puideron xantar todos xuntos ó aire libre no lugar de saída da ruta e punto de encontro da concentración, Costoias, onde pasaron a tarde e a onde os afeccionados a este tipo de vehículos que non puideron participar no evento matinal puideron achegarse a contemplar os coches que estiveron expostos neste fermoso enclave da parroquia mosense de Tameiga.
Finalmente a previsión realizada pola organización, que estimaba participarían no evento sobre 80 vehículos, foi superada en preto dunha decena de participantes, posto que o final percorreron as estradas mosenses un total de 87 automóviles clásicos. Con esta cifra logrouse case triplicar os participantes na edición do ano pasado. Entre os presentes nesta terceira edición, houbo en Mos coches clásicos procedentes das outras provincias galegas, A Coruña, Lugo e Ourense. Ademais, o toque curioso púxoo este ano un vehículo participante moi especial, tratouse dun camión marca Mercedes da década dos anos 40 do século pasado, que é propiedade dun veciño da parroquia mosense de Sanguiñeda.











